Dende 19 de abril, 2024 - Ata 19 de abril, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Coristanco organiza unha actividade para proporcionar un espazo interactivo e enriquecedor para as mulleres emprendedoras que traballan no ámbito rural
Categorías: Difusión da cultura emprendedora
Modalidades: Presencial
A actividade desenvolverase cun formato foro, no que as empresarias rurais poderán analizar os desafíos específicos que enfrontan nos seus emprendementos, ao mesmo tempo que exploran oportunidades para o crecemento e desenvolvemento dos seus negocios.
A través da interacción con outras empresarias e emprendedoras, búscase ofrecer experiencias reais e motivar ás participantes a superar obstáculos e aproveitar ao máximo as oportunidades dispoñibles nas súas contornas rurais. A actividade tamén busca crear conciencia sobre o papel crucial da muller no ámbito empresarial rural e apoderalas para liderar e contribuír ao desenvolvemento económico do seu territorio. Para iso, contarase coa participación da Asociación de Empresarias de A Coruña (AECO) e da Asociación de Empresarias Rurais (ASER).
O programa será o seguinte:
10:45-11:00 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.
11:00-12:30 h. Desafíos e oportunidades para as empresarias no ámbito rural:
Presentación das persoas participantes:
Panel de discusión:
Modera Ana Isabel Ulloa Lobeiras, presidenta de AECO.
12:30-12:45 h. Pausa para o café e networking.
12:45 h. Presentación e exposición dos produtos de Lácteos Ferrado Verde – Grupo TGT e peche da xornada.
A actividade terá lugar o 19 de abril, en Lácteos Ferrado Verde – Grupo TGT, Lugar Vilar de Arriba, s/n, 15837 A Pereira, A Coruña, Santa Comba.
Anímate e participa!