Dende 26 de marzo, 2025 - Ata 26 de marzo, 2025
Taller práctico e participativo, deseñado para identificar problemas e propoñer solucións integrais que melloren o servizo ofrecido aos peregrinos do Camiño de Santiago ao seu paso por Sarria e comarca
Categorías: Conectando o polo co sector...
Modalidades: Presencial
📅 Mércores 26 de marzo | 17:00 - 19:00h
📍 Sede do Polo Sarria (Rúa Diego Pazos nº 20, Sarria)
O Camiño de Santiago é unha experiencia única que combina cultura, espiritualidade e autodescubrimento. Sarria, como punto clave do Camiño Francés, recibe miles de peregrinos cada ano, o que supón unha gran oportunidade para o sector turístico e comercial da zona. Mellorar os servizos e a experiencia do peregrino é clave para fortalecer a identidade local e posicionar Sarria como un destino acolledor e memorable.
Desde o Polo de emprendemento de Sarria organizan este obradoiro práctico e participativo de dúas horas, deseñado para identificar desafíos e desenvolver solucións concretas que optimicen a atención aos peregrinos en sectores como a hostalaría, a restauración, o comercio e o turismo. A través de dinámicas colaborativas, os participantes explorarán formas de mellorar a calidade do servizo e fomentar a cooperación local.
Esta actividade capacitarate para...
Programa:
17:00 - 17:15h Introdución e contextualización
17:15 - 17:50h Diagnóstico participativo
17:50 - 18:30h Xeración de solucións
18:30 - 19:00h Peche e compromisos
19:00 - 19:30h Café networking.
Se es unha persoa empresaria, autónoma ou formas parte do sector turístico, hostaleiro ou comercial de Sarria, este obradoiro é para ti. Inscríbete e contribúe a mellorar a experiencia do peregrino, fortalecendo ao mesmo tempo o teu negocio e a identidade local.