MasterMind de emprendedores

Dende 07 de xullo, 2025 - Ata 07 de xullo, 2025

Participa nunha xornada na que compartir experiencias e enfrontarse a retos con outras persoas emprendedoras da comarca a través dunha dinámica Mastermind

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 7 de xullo | 9:30 - 13:30 h
📍 Sede do Polo Friol, Rúa Diputación, nº 18, 1º, Friol

 

 

O tecido de pequenas empresas da comarca de Friol ten un gran potencial de desenvolvemento, pero ten que superar certos retos comúns como a falta de recursos ou a soidade emprendedora. Non hai mellor maneira de enfrontarse a estas dificultades que co apoio dunha rede formada por outras persoas emprendedoras coas mesmas experiencias e obxectivos. 

 

O Polo Friol organiza este espazo de confianza para profesionais da comarca, onde atopar solucións conxuntas, intercambiar experiencias e fortalecer a comunidade emprendedora de Friol. Mediante a colaboración, impulsarase a competitividade dos proxectos participantes.

 

A xornada desenvolverase mediante unha dinámica Mastermind. Comezará coa presentación de cada participante, que se organizarán en grupos de cinco. Cada grupo escollerá un reto que afecte aos seus negocios, e traballará de forma conxunta para estudalo, propoñer solucións e compartir aprendizaxes. 

 

 

Programa: 
9:30 h – Benvida e presentación do polo e da actividade 
9:45 h – Presentación individual das persoas participantes 
10:15 h – Formación dos grupos Mastermind (5 persoas por grupo) 
10:30 h – Exposición dos retos ou problemas de cada participante 
11:00 h – Selección dun reto por grupo e traballo conxunto para analizar e buscar solucións 
12:15 h – Posta en común de solucións e aprendizaxes por grupo 
13:00 h – Café networking 
13:30 h – Peche do encontro

 

 

Se queres formar parte dun espazo de colaboración que axude a impulsar máis o teu proxecto, inscríbete. 


Presencial

Voltar