Dende 26 de xuño, 2025 - Ata 26 de xuño, 2025
O Polo A Fonsagrada ofrece este obradoiro centrado na implementación de estratexias de marketing dixital para fortalecer a presenza en redes sociais dos proxectos emprendedores
Categorías: Formación
🗓️ Xoves, 26 de xuño | 19:00 - 21:45 h
📍 Sede do Polo A Fonsagrada. Rúa Marqués de Rodil, nº 1, A Fonsagrada
O ecosistema comercial mantense en constante cambio e innovación, e un dos frontes que máis protagonismo cobrou nos últimos anos é a importancia da pegada dixital en redes sociais, que vai da man da revalorización da identidade local.
Unha presenza forte no entorno dixital tradúcese nun aumento das vendas e mellor posicionamento da túa marca. Para fortalecer a presenza do teu negocio en redes sociais, o Polo A Fonsagrada trae este obradoiro co que traballar as ferramentas que aumenten a competitividade das persoas emprendedoras no mercado a través do marketing dixital.
A actividade tratará diferentes estratexias de comunicación en redes sociais, así como os conceptos fundamentais de marketing dixital. Ambas liñas converxen para mellorar a competitividade dos negocios da comarca e potenciar o territorio.
Programa:
19:00 h - Presentación do evento e do Polo
19:05 h - Presentación das persoas participantes
19:10 h - Aspectos clave das RRSS e do Marketing Dixital: estratexias, obxectivos e comunicación diferencial.
20:30 h - Dinámica para a creación de estratexias
21:00 h - Sesión de preguntas e conclusións
21:15 h - Café Networking
21:45 h - Peche do evento
Potencia a pegada dixital do teu proxecto e inscríbete neste obradoiro.