Marketing Dixital: conceptos e estratexias

Dende 27 de febreiro, 2025 - Ata 27 de febreiro, 2025

O Polo Friol organiza unha formación práctica en marketing dixital para mellorar a presenza en liña e aumentar a competitividade dos negocios

Categorías: Formación

 

 

📅 Xoves, 27 de febreiro | 09:30 - 13:30 h

 📍 Sede do Polo Friol (Rúa Deputación, nº 18, 1º planta, Friol, Lugo)

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol organiza a formación "Marketing Dixital: conceptos e estratexias", unha oportunidade para aprender a crear un plan de acción eficaz, mellorar a visibilidade e captar novos clientes.

 

Esta actividade capacitarate para...


✔️ Dominar as estratexias básicas de marketing e marketing dixital
✔️ Coñecer ferramentas prácticas para mellorar a marca e aumentar a visibilidade
✔️ Aplicar o marketing dixital para facer crecer o teu negocio

 

O programa será o seguinte:

 

09:30 - 09:35 h. Presentación da actividade e obxectivos

09:35 - 09:40 h. Presentación das persoas participantes

09:40 - 11:40 h. Aspectos clave no Marketing e no Marketing Dixital: estratexias, obxectivos e comunicación diferencial

11:40 - 12:00 h. Café e networking

12:00 - 13:00 h. Dinámica para a creación de estratexias

13:00 - 13:30 h. Preguntas, conclusións e peche do evento

 

Se es persoa emprendedora ou tes unha pequena empresa e queres potenciar a túa presenza dixital, esta sesión é para ti! 🌐📈


Formación

Voltar