Márketing dixital: claves para vender de forma irresistible

Dende 16 de febreiro, 2024 - Ata 16 de febreiro, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Melide organiza o venres 16 de febreiro unha actividade que se desenvolverá coma un espazo de debate informal, presentando diferentes proxectos de emprendemento.

Categorías: Os venres dos polos

Modalidades: Presencial

Os obxectivos da xornada son: 

  • Poñer en valor o márketing dixital como un instrumento esencial para o crecemento e a consolidación de proxectos emprendedores. 

  • Fomentar o intercambio de opinións entre as persoas emprendedoras e as persoas empresarias.

  •  Visibilizar proxectos emprendedores de diferentes sectores nos que o márketing dixital é unha ferramenta esencial de venda.

O programa da xornada será o seguinte: 

10.00h-10:15 h. Benvida e intervención da Directora Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia, Dña. Margarita Ardao. 

10:15h-10:30 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Melide. 

10:30h-11:30 h. Mesa coloquio onde as persoas participantes expoñerán os seus modelos de negocio resaltando a importancia do márketing dixital. 

  • Roberto Fraga (CEO PILGRIM). 
  • Carmén Pampín (CEO GALCHIMIA). 
  • Francisco Lodeiro (CEO CENTROÑA). 
  • Antonio del Río (CEO HOTEL LUX MELIDE). 

11:30h-12:00 h. Espazo de debate:

12:00h-12:15 h. Conclusións. 

12:15h-13:00 h. Degustación e networking. 

13:00 h. Peche da xornada. 

 

O lugar de celebración será no Hotel Lux Melide, ubicado na rúa Cantón San Roque, nº 5, 15800, Melide, A Coruña. 

 


Presencial

Voltar