Dende 15 de novembro, 2023 - Ata 15 de novembro, 2023
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol organiza unha xornada formativa de marketing dixital dirixida ás persoas emprendedoras da Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol organiza un programa formativo de marketing dirixido ás persoas emprendedoras da Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego.
A formación é presencial, en horario de 9.30 a 13.30 h. e nas instalacións do Polo de emprendemento de Friol (Rúa Deputación nº18 - 27220 Friol), e componse de oito sesións dirixidas por docentes especializados:
O obxectivo da formación é facilitar ás persoas emprendedoras coñecementos e habilidades para xestionar a presenza dos seus proxectos en internet e as canles de comunicación coa súa clientela.
Esta xornada é a sexta do programa e leva por título “Marca emprendedora” e será impartida por Verónica Ramallal.
O evento está aberto a todas as persoas emprendedoras que participan na Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, previa inscrición.