Lucus Emprende

Dende 05 de xuño, 2025 - Ata 05 de xuño, 2025

A actividade Lucus Emprende está creada para ofrecer un ambiente enriquecedor onde todas as persoas poidan aprender unha das outras, colaborar e acceder a recursos que as axuden a alcanzar as súas metas emprendedoras.

Categorías: Networking da Rede de Polos

 

🗓️ Mércores, 5 de xuño | 19:00 - 21:30 h
📍 Vinissi (Rúa Miño 27, baixo, Lugo)

 

Os Polos A Fonsagrada, Friol e Sarria dan un paso máis na súa aposta por apoiar o talento local cunha nova proposta: Lucus Emprende, unha actividade pensada para crear comunidade, compartir experiencias reais e xerar novas oportunidades.

 

Sabemos que emprender non é só ter unha boa idea, senón saber xestionar as dúbidas, os medos e o camiño cheo de decisións. Por iso, esta xornada centrarase en dous retos comúns pero pouco falados: a parálise por análise e a síndrome do impostor. E para combatelos, nada mellor que escoitar a outras persoas que xa pasaron por iso e que veñen compartir as luces e sombras dos seus proxectos.

 

Ao remate, haberá un momento para relaxarse, tomar algo e seguir conversando nun ambiente informal, perfecto para coñecer xente coa que compartir ideas, retos e ilusións. Porque o emprendemento tamén se constrúe en rede.

 

Programa: 

19:00 - 19:05 h | Presentación da actividade e da entidade organizadora

19:05 - 19:15 h | Benvida e presentación das persoas participantes

19:15 - 19:30 h | Charla: A importancia do “para que” no emprendemento

19:30 - 20:45 h | Mesa de experiencias emprendedoras

  • Como xurdiu a súa proposta de valor
  • Público obxectivo e canles de distribución
  • Decisións clave no camiño emprendedor
  • Aprendizaxes: acertos e erros

20:45 - 21:15 h | Tempo de networking informal con pinchos

21:15 - 21:30 h | Despedida e peche

 

Inscríbete agora e forma parte desta comunidade que non para de medrar!


Networking da Rede de Polos

Voltar