A senda do emprendemento: experiencias de éxito

Dende 10 de maio, 2024 - Ata 10 de maio, 2024

Unha oportunidade única para compartir experiencias, desafíos, leccións aprendidas e estratexias empresariais clave para o éxito.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

Xa podemos desvelar á primeira relatora do foro "A Senda do Emprendemento: Experiencias de éxito". Trátase de Sabela Gippini Ruiz, CEO de Galiwonders!

 

 

Sabela Gippini Ruiz conta con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico internacional. Tras 5 anos residindo en Irlanda, traballando no sector turístico tanto público como privado, en 2016 regresou a Galicia e fundou Galiwonders, unha axencia de viaxes online especializada no Camiño de Santiago e na fusión do patrimonio cultural, gastronómico e natural de Galicia.

 

Galiwonders obtivo este mes de abril o Premio Xove Empresaria/o de AJE Galicia.

 

Unha oportunidade única para compartir experiencias, desafíos, leccións aprendidas e estratexias empresariais clave para o éxito. AJE Coruña, en desenvolvemento do convenio suscrito entre a Federación Galega de Xoves Empresarios e a Xunta de Galicia, convidavos a almorzar en Nordés Club Empresarial neste interesante foro.

 

Data: Venres, 10 de maio, de 09:30 a 11:30h

Lugar: Nordés Club Empresarial (R. Enrique Mariñas Romero, 32, 15009 A Coruña)

 

As prazas son limitadas ata completar aforo, se por calquera motivo finalmente non podes acudir, rogámosche que nos avises a través do 981915635 ou ben en info@ajecoruna.com

 

Esperámosvos!

 


Presencial

Voltar