Introdución á IA: aplicacións prácticas, tendencias actuais e oportunidades de negocio 

Dende 29 de maio, 2025 - Ata 29 de maio, 2025

A empresa ourensá Elitek ofrecerá da man de dous expertos na materia unha sesión centrada na Intelixencia Artificial, organizada por AJE Ourense

Categorías: Outra

 

📅 Xoves,  29 de maio | 18:00h - 19:30h

📍 CEO Ourense (Praza das Damas, 1, Ourense)

 

Dende a perspectiva da experiencia en enxeñería de software e o marketing dixital, ensinarán as aplicacións prácticas deste fenómeno que chega para facilitar a vida de todos, en especial dos empresarios. 

 

O obxectivo é aprender recursos que nos axuden á optimización de recursos e tempo. Para iso, coñeceremos as tendencias actuais e cómo evoluciona a IA para adaptarse ás nosas necesidades. Tamén abriremos outro tema de debate interesante: cómo aproveitarnos delas para facer medrar o noso negocio ou o que é máis ambicioso aínda, convertir o seu uso nun modelo de negocio.

 

 


Outra

Voltar