Intelixencia Artificial para o Emprendemento

Dende 10 de xullo, 2024 - Ata 10 de xullo, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Friol organiza unha sesión formativa na que descubrirás como utilizar a Intelixencia Artificial para mellorar o teu negocio

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

 

Tes un negocio ou estás pensando en emprender? Interésache o mundo das IA e cres que poden ser beneficiosas na túa aventura empresarial? Se a resposta é sí, achégate ao Polo de Friol para asistir a unha sesión formativa e aprender máis sobre a Intelixencia Artificial e como podes utilizala no teu beneficio. 

 

Nesta actividade poderás coñecer a importancia da IA no teu proxecto, descubrindo as ferramentas que podes poñer á túa disposición e o seu funcionamento. Aprenderás a xerar imaxes, vídeos, optimizar tarefas ou recopilar informes e datos.

 

O evento terá lugar o mércores 10 de xullo no Polo de emprendemento e apoio ao emprego Friol (Rúa da Deputación nº 18, 1º andar. Friol). 

O aforo está limitado a 20 participantes. As prazas resérvanse por orde de inscripción.

 

Coñecer o mundo das IA é tan interesante como beneficioso, achégate! 


Presencial

Voltar