Dende 12 de xuño, 2025 - Ata 12 de xuño, 2025
Aprende a usar ferramentas accesibles de IA para aforrar tempo, xerar contidos, analizar información e resolver retos reais no teu proxecto. Unha sesión próxima, dinámica e orientada a resultados, organizada desde o Polo de Friol.
Categorías: Formación
Modalidades: Presencial
📅 Xoves, 12 de xuño | 9:30–13:30 h
📍 Sede do Polo Friol
A Intelixencia Artificial xa non é cousa do futuro: está cambiando a forma na que traballamos, comunicamos e xestionamos os nosos proxectos. Para as persoas emprendedoras, especialmente aquelas que lideran soas ou con equipos pequenos, a IA pode marcar a diferenza: permite aforrar tempo, mellorar contidos, analizar mellor a información e tomar decisións con máis seguridade.
Este curso nace para axudar a perderlle o medo e comezar a usar a IA dun xeito útil, práctico e realista no día a día dun pequeno negocio.
Durante a sesión, aprenderás a empregar ferramentas accesibles de IA para escribir textos comerciais, responder correos, organizar ideas, mellorar a túa presenza en redes ou analizar datos básicos do teu proxecto. Todo iso a través de exemplos reais e cunha dinámica práctica onde aplicarás a IA para resolver un reto concreto.
Programa:
09:30 h – Presentación da actividade e obxectivos
09:35 h – Presentación das persoas participantes
09:40 h – Que é a IA e como está transformando o emprendemento
10:15 h – Ferramentas prácticas
11:40 h – Café Networking
12:00 h – Dinámica: escoller un reto e aplicar a IA para resolvelo
13:00 h – Sesión de preguntas e conclusións
13:30 h – Peche do evento
Unha formación pensada para que coñezas e integres solucións innovadoras no teu negocio sen depender de provedores externos.