Inscríbete na sesión de networking da Pont-up Store

Dende 21 de setembro, 2024 - Ata 21 de setembro, 2024

A Xunta de Galicia organiza unha xornada de networking dirixida a persoas emprendedoras que desexen dar a coñecer o seu proxecto emprendedor e procurar posibles sinerxías

Categorías: Networking da Rede de Polos

 

 

Chega a Pont-Up Store a Pontevedra e con ela, actividades dedicadas ás persoas emprendedoras que desexen impulsar o seu negocio. Unha das tres actividades organizadas pola Xunta de Galicia é unha sesión de networking que permitirá dar a coñecer os diferentes proxectos das persoas participantes mentres interactúan con outras persoas emprendedoras.

 

A sesión, que terá lugar de 11:00 h a 13:00 h, estará dirixida a persoas emprendedoras que desexen dar a coñecer a súa iniciativa e buscar futuras colaboracións. Esta actividade será facilitada por Dani Pérez, promotor do proxecto TalentÁrea e conferenciante TED, podes botar un ollo á súa conferencia sobre os 11 pasos para acadar o equilibrio

 

O programa constará de tres dinámicas:

 

  • “Rompexeos”: creación de grupos de traballo
  • “Construíndo o meu discurso”: tips para facer unha boa comunicación do teu proxecto
  • “Facendo rede”, o que permitirá aumentar a rede de contactos no sector

 

A xornada finalizará cunha breve charla motivadora do estilo das famosas TED Talks.

 

Ao rematar, terás a posibilidade de asistir a unha mesa redonda onde se darán a coñecer os apoios ao ecosistema emprendedor. Esta charla, coa participación conxunta de Igualdade, Emprego e Igape, é unha exposición do mapa de axudas públicas con opción de preguntas que será moi útil para toda persoa emprendendora ou que estea barallando esa opción.

 

Inscríbete para asistir o sábado 21 de setembro á sala de conferencias do 2º andar da Casa das Campás (Rúa don Filiberto 9-11, Pontevedra). 

 

Non perdas esta oportunidade única! 


Networking da Rede de Polos

Voltar