Innovación emprendedora no sector turístico

Dende 21 de marzo, 2024 - Ata 21 de marzo, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Melide organiza un encontro no que as persoas participantes poderán coñecer e traballar sobre as novas posibilidades que ofrece o sector turístico

Categorías: Conectando o polo co sector...

 

O sector turístico en Galicia está en constante crecemento, por iso o Polo organiza este encontro co obxectivo de visibilizar as novas alternativas de emprendemento no sector, xerando oportunidades de negocio e creando sinerxías empresariais a prol de fomentar a economía colaborativa entre o sector do turismo ca comarca. 

 

O programa da xornada será o seguinte: 

10:00-10:10 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.  

10:10-10:15 h. Presentación do evento polo persoal do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Melide. 

10:15-11:30 h. Mesa coloquio, expoñen os seus proxectos: 

  • Alberto Gallego, de RUTEART.

  • Xosé Ramón Novoa, de RUTA N-VI.

  • Carlos Sebastián Armesto, de TRAVEL CARE. 

  • Unai Sevilla Martínez, de EXYLON. 

  • Cesáreo Pardal, presidente do CLUSTER DE TURISMO. 

11:30-12:30 h. Obradoiro de xeración de ideas 

12:30-12:45 h. Exposición das conclusións de cada mesa de traballo 

12:45-13:00 h. Espazo de networking: degustación e ampliación da rede de contactos

13:00 h. Peche da xornada. 

 

O encontro terá lugar o 21 de marzo, no Pazo do Marqués de Bendaña (Praza do Toural, n.º 8, Santiago de Compostela, A Coruña)

 

Se tes interese en emprender no sector turístico ou mellorar a túa iniciativa, inscríbete! 


Conectando o polo co sector...

Voltar