Dende 15 de novembro, 2024 - Ata 15 de novembro, 2024
O Polo O Porriño organiza unha sesión de traballo participativa para que as persoas comerciantes de Mos poidan reunirse e explorar as posibilidades e os retos do asociacionismo
Categorías: Conectando o polo co sector...
O Polo O Porriño sabe que as persoas comerciantes de Mos acaban de crear unha asociación para apoiarse mutuamente. Por iso, organiza esta sesión, en colaboración co Concello de Mos, na que as persoas participantes poderán tratar máis a fondo este tema e impulsar a súa asociación.
O programa será o seguinte:
11:00 – 11:15 h. Benvida e apertura do acto
11:15 – 11:30 h. Presentación da Rede de Polos de Emprendemento (Polo de Emprendemento O Porriño)
11:30 – 11:45 h. Situación actual da recente Asociación de Comerciantes de Mos, pola presidenta Carmen Soliño.
11:45 – 12:30 h. Mesa coloquio: boas prácticas e retos para o impulso dunha asociación de comerciantes.
Participan:
12:30 – 13:00 h. Café e pinchos
O evento terá lugar o venres, 15 de novembro, no Pazo de Mos (Camiño da Rúa, nº 1, Mos, Pontevedra).
Esta é unha oportunidade única para as persoas comerciantes da zona!