Impacto positivo e emprendemento

Dende 27 de novembro, 2024 - Ata 27 de novembro, 2024

Nesta xornada afondarase sobre os fundamentos da integración da sostibilidade nas empresas, especialmente en proxectos de emprendemento.

Categorías: Foro/Encontro aberto

Modalidades: Presencial

 

 

 

A consultoría Alén. Soluciones en sostenibilidad, en colaboración co Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Carballiño, organiza unha xornada que reunirá a persoas emprendedoras que buscan aprender máis sobre a integración da sostibilidade nun proxecto de emprendemento ou empresa. Esta xornada tamén está aberta a beneficiarios do Polo Verín.

 

As persoas asistentes terán a oportunidade de coñecer casos reais de negocios con boas prácticas, como Vinos con Memoria, proxecto de elaboración de viños artesáns e viticultura sostible. A súa fundadora, Iria Otero, enóloga e emprendedora de Ourense, falaranos un pouco máis sobre a súa experiencia.

 

Ademais, o evento será unha oportunidade única para establecer conexións e sinerxías entre persoas interesadas en iniciativas de impacto positivo.

 

O programa será o seguinte: 

 

18:00-19:00 h. Impacto positivo e emprendemento. 

19:00-19:30 h.  Conversa: Impacto en primeira persoa. Iria Otero, Enóloga e Consultora de Vinos con Memoria

19:30-20:00 h. Café/networking

 

O evento terá lugar o mércores, 27 de novembro na Aula Progreso do Centro Cultural Marcos Varcárcel (rúa do Progreso, nº 30, Ourense).

 

A sostibilidade non é o futuro, é o presente. Inscríbete, aprende, conecta e impulsa o teu negocio!


Presencial

Voltar