Impacto positivo e emprendemento

Dende 19 de xuño, 2024 - Ata 19 de xuño, 2024

Tes interese en integrar a sostibilidade nos teus proxectos de emprendemento e organizacións ou queres coñecer máis sobre os proxectos locais da túa contorna que teñen un impacto positivo? Entón esta formación é a perfecta para ti. Durante esta actividade afondarase no que supón integrar a sostiblidade nun proxecto de emprendemento ou empresa no territorio, daranse a coñecer exemplos inspiradores e reais de impacto positivo e estableceranse conexións e sinerxías entre as persoas que teñan interese en impulsar e apoiar este tipo de iniciativas.

Categorías: Foro/Encontro aberto

Modalidades: Presencial

programa será o seguinte:   

10:00-10:30 – Benvida e café/networking

10:30-11:30 – Impacto positivo e emprendemento. Conceptos clave e exemplos reais para integrar a sostibilidade no meu proxecto. Alén, cooperativa galega especializada en consultoría e difusión de coñecemento en sostibilidade e economía circular, afondará sobre que significa a sostibilidade para un proxecto de emprendemento e para unha micropeme e en como aterrar de forma práctica o impacto positivo nun negocio.  

11:30-12:00 – Conversa: Impacto en primeira persoa. Erea Rodríguez e Cintia Lomba achegarán a súa experiencia como fundadoras de Skeirrum | Escape Rooms Personalizadas, unha cooperativa de Escape Rooms persoalizadas baseada na Guarda. A través do xogo, Skeirrum ofrece experiencias que serven como plataforma para sensibilizar sobre temas ambientais e sociais, por en valor o patrimonio local, impulsar o turismo sostible ou dinamizar o emprendemento no territorio.

A actividade terá lugar o 19 de xuño, no Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño

Agardámoste! 


Presencial

Voltar