Impacto positivo e emprendemento

Dende 20 de febreiro, 2025 - Ata 20 de febreiro, 2025

A Consultora Alén e o Polo Silleda organizan unha sesión para aprender a integrar a sostibilidade na práctica empresarial

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

 

📅  Xoves, 20 de febreiro | 18:00 – 19:50 h

📍  AEDEZA (rúa Otero Pedrayo, nº 24, Baixo, Lalín)
 

A implementación da sostibilidade nas empresas é clave para minimizar o impacto ambiental e promover a eficiencia no uso de recursos. Por eso, a Consultora Alén e o Polo Silleda unen forzas neste evento que busca afondar no que implica integrar a sostibilidade nun proxecto de emprendemento ou empresa, coñecendo exemplos reais e inspiradores de impacto positivo.

 

Ademais, facilitará a conexión entre persoas interesadas en impulsar e apoiar este tipo de iniciativas. As persoas usuarias aprenderán a no seu proxecto de emprendemento integrar prácticas responsables que permiten equilibrar o crecemento económico coa protección do entorno.

 

Esta actividade capacitarate para...

 

  • Aprender a integrar a sostibilidade nun proxecto de emprendemento ou empresa
  • Coñecer casos reais de negocios con impacto positivo a nivel local
  • Establecer conexións e sinerxías

 

programa é o seguinte:

 

17:50 – 18:00 h. Recepción de persoas asistentes e benvida institucional

18:00 – 19:00 h. Impacto positivo e emprendemento: conceptos clave e casos reais

19:00 – 19:30 h. Conversa con David Camba, fundador de BIRDMIND, empresa pioneira na fabricación de taboleiros a partir de residuos doutras industrias

19:30 – 19:50 h. Café e networking

19:50 h. Peche da actividade.

 

 

Únete e descubre como facer do teu proxecto unha iniciativa sostible e de impacto positivo! 🌍


Presencial

Voltar