Impacto positivo e emprendemento

Dende 28 de maio, 2024 - Ata 28 de maio, 2024

Nesta xornada, afondarase sobre os fundamentos da integración da sostibilidade nas empresas, especialmente en proxectos de emprendemento e micropemes.

Categorías: Foro/Encontro aberto

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol organiza unha formación para afondar na práctica de integrar a sostibilidade nos proxectos de emprendemento e organizacións e coñecer máis sobre os proxectos locais de impacto positivo. Nesta formación poderás coñecer exemplos inspiradores e reais de negocios locais e establecer conexións e sinerxías entre persoas con interese en impulsar e apoiar este tipo de iniciativas.  

  

O programa será o seguinte:   

10:00-10:30 h. Benvida, café e networking. 

10:30-11:30 h. Impacto positivo e emprendemento: conceptos clave e exemplos reais da man de Alén

11:30-12:00 h. Conversa con Marma, cooperativa de Miño dedicada á comunicación audiovisual con impacto social.

12:00 h. Peche da xornada. 

  

A formación terá lugar o 28 de maio, no Polo de Ferrol sito no Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño-CIS, situado en A Cabana, Ferrol.

 

Agardámoste!


Foro/Encontro aberto

Voltar