II Xornada de Networking e Emprendemento en Acción

Dende 20 de maio, 2025 - Ata 20 de maio, 2025

Xornada de networking dirixida a persoas emprendedoras usuarias do Polo de Emprendemento Ferrol, coa finalidade de fomentar a conexión entre elas nun ambiente dinámico e distendido. O obxectivo é compartir ideas, crear contactos valiosos e identificar oportunidades de colaboración que contribúan ao éxito dos seus proxectos.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

📅 Martes, 20 de maio | 9:30-12:00 h 

📍 Sede do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Ferrol
 

Tras o éxito da xornada do ano pasado, o Polo Ferrol volve celebrar esta actividade pensada para favorecer a conexión entre persoas emprendedoras da zona. Un espazo distendido, participativo e útil onde compartir retos, crear redes e explorar oportunidades de colaboración.

A dinámica de Speed Networking con Propósito e Muro de Axudas permitirá presentarse brevemente, expoñer necesidades reais e recibir ideas, recursos ou contactos que podan dar un impulso ao teu proxecto. Un formato áxil, práctico e centrado no apoio mutuo entre iguais.

 

Nesta actividade poderás...

  • Presentar o teu proxecto de forma clara, destacando o que te fai diferente e o que precisas

  • Coñecer outras persoas emprendedorass e establecer contactos valiosos nun ambiente de colaboración

  • Recoller ideas, recomendacións e recursos adaptados ás túas necesidades actuais

  • Identificar sinerxías e crear alianzas que poidan marcar un antes e un despois para o teu negocio

 

Programa:

9:30 h – Recepción de asistentes e benvida
9:35 h – Explicación da dinámica da xornada: Speed Networking con Propósito e Muro de Axudas

Cada persoa participante terá 4 minutos para:

- Presentarse e contar o que fai

- Compartir un aspecto único do seu proxecto

- Expoñer unha necesidade ou reto actual

9:45 h – Desenvolvemento da dinámica
Mentres cada persoa fala, o resto anota ideas, contactos ou recursos en notas adhesivas que se colocarán nun mural común

11:45 h – Café networking para seguir conectando e intercambiando sinerxías

12:30 h – Conclusións e peche da xornada

 

Inscríbete e vive unha mañá diferente onde compartir, colaborar e aprender pode ser o mellor impulso para o teu proxecto!


Presencial

Voltar