Fotografía e vídeo para RRSS co móbil, 2ª edición

Dende 14 de xullo, 2025 - Ata 14 de xullo, 2025

Obradoiro básico para aprender a sacar o máximo partido ao móbil, tanto en fotografía como en vídeo, empregando unicamente as aplicacións nativas dos dispositivos. Non é preciso ter experiencia previa, nin contar cun móbil de última xeración.

Categorías: Outra

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 14 de xullo | 16:00 - 20:00 h
📍 Pazo Arenaza. Iñás, s/n, 15171 Oleiros, A Coruña

 

 

Tras o éxito da primeira edición, AJE Coruña repite o obradoiro de fotografía e vídeo co móbil. Actualmente parte do éxito dun negocio nace da súa presenza en redes, e grazas ao móbil temos ferramentas con gran potencial ao alcance das mans. Con esta formación terás os medios para sacarlles todo o partido e lucir o teu proxecto no eido audiovisual.

 

A primeira parte do obradoiro enfocarase na fotografía, impartida por Diana Fajardo, e se traballarán conceptos como a composición, a exposición, o enfoque, os modos de disparo, os encadres e poñeranse en práctica distintas técnicas de edición fotográfica no móbil.

 

A segunda parte, impartida por Gutier Rolán, centrarase no vídeo dende a gravación ata a edición con CapCut, pasando pola montaxe en cámara. Ademais, farase unha análise dos perfís dos asistentes para ofrecer recomendacións personalizadas e amosaranse exemplos reais cos que inspirarse. 

 

As prazas son limitadas, inscríbete xa para darlle un novo enfoque ás túas redes sociais.


Presencial

Voltar