Dende 03 de xullo, 2025 - Ata 03 de xullo, 2025
Este evento de networking está deseñado para conectar artesáns, favorecendo a colaboración e o intercambio de experiencias. A través de conversas, exposicións e dinámicas participativas, os asistentes poderán ampliar a súa rede de contactos e descubrir novas oportunidades de negocios. Un espazo para fortalecer as redes entre o colectivo de artesáns, impulsar a visibilidade do traballo artesanal e fomentar sinerxías entre participantes.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial
🗓️ Xoves, 3 de xullo | 11:00 - 13:00
📍 Edificio Sociocultural da Rúa Manuel Rivero, nº 1, Lalín
O sector da artesanía é moi amplo, pero carece dunha rede colaborativa. O Polo Silleda axuda a cambiar a situación a través desta xornada de networking que creará un espazo de encontro para os profesionais do sector.
Tras esta xornada, formarás parte dunha comunidade que intercambia ideas e experiencias, e ata pode levar a futuras colaboracións que consoliden o tecido artesanal galego.
A actividade estrutúrase en dúas dinámicas participativas, para dar a coñecer cada un dos proxectos e aportarse ideas mutuamente. Rematará cunha sesión de networking para fortalecer os contactos establecidos na xornada.
Programa:
11:00 h - Recepción de asistentes e benvida. Presentación da Rede de Polos de Emprendemento
11:10 h - Ronda de presentación dos participantes. Cada participante ten 5 minutos para presentarse e mostrar un obxecto que identifique o seu proxecto. No momento da exposición de cada un dos proxectos, teremos de fondo a súa web/redes.
12:10 h - Dinámica de coñecemento do grupo. Cada persoa terá post it nos que deberá elaborar mínimo unha pregunta / aportación / idea de mellora PARA CADA UN dos proxectos
12:40 h - Petiscos e networking entre os participantes.
12:55 h - Peche de xornada
Hai 30 prazas dispoñibles, non perdas a túa e inscríbete xa para formar parte da rede de artesáns da comarca!