Foro empresarial

Dende 01 de abril, 2025 - Ata 01 de abril, 2025

Neste foro de AJE Galicia coñeceremos a traxectoria de Jorge Vázquez, CEO de Redegal, dende os seus inicios emprendedores ata a súa saída a bolsa en 2025. Os asistentes poderán resolver dúbidas e facer networking.

Categorías: Outra

 

📅 Martes, 1 abril | 09:00 - 10:00 h 

📍 Oficina Occident Seguros (Rúa Emilia Pardo Bazán, 44, baixo. Ourense)

 

Coñecer as experiencias doutros emprendedores é unha das vantaxes de formar parte dunha rede de contactos como AJE Galicia. Neste caso, falaremos e coñeceremos a historia de Jorge Vázquez, conselleiro delegado de Redegal.

 

Esta empresa comezou a súa andaina en Ourense como un proxecto emprendedor e en 2025 acadaron o fito de saír a bolsa. Un exemplo de crecemento sobre o que coñeceremos máis detalles e poderemos resolver dúbidas.

 

Neste foro escoitaremos a súa traxectoria, anécdotas, apredizaxes e experiencias en primeira persoa. Os asistentes poderán formular preguntas e remataremos o encontro cun pequeno almorzo a xeito de networking no que os asociados poderán compartir iquedanzas.

 

 


Outra

Voltar