Formación para cadros directivos de cooperativas

Dende 10 de xuño, 2024 - Ata 10 de xuño, 2024

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a teleformación "Formación para cadros directivos de cooperativas" no marco da Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

Data: do 10 ao 26 de xuño.

Horas: 25.

Modalidade: en liña.

Plataforma: Aula Virtual de EspazoCoop.

 

Obxectivos: 

  • Identificar os requisitos e as condicións necesarias para a xestión do modelo cooperativo.
  • Contribuír a poñer en valor as achegas sociais e económicas das cooperativas.
  • Dar a coñecer recursos e ferramentas útiles para as persoas socias e os equipos técnicos das cooperativas.
  • Potenciar a creación de redes de intercambio e colaboración entre as persoas socias con responsabilidades xerenciais das cooperativas participantes.

 

Persoas destinatarias:

Persoas socias e asalariadas das cooperativas que teñan funcións e/ou responsabilidades de dirección ou que estean interesadas en desenvolver as súas capacidades para asumilas.

 

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de patane@espazo.coop


Programa

Outra

Voltar