Formación en IA para PEMEs: o futuro é hoxe

Dende 03 de xullo, 2025 - Ata 03 de xullo, 2025

AJE Ferrolterra organiza esta xornada na que adquirir as competencias dixitais máis actualizadas sobre implantación de IA en proxectos de emprendemento.

Categorías: Outra

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Xoves, 3  de xullo | 9:30 - 12:30 h

📍 Cantón de Molíns 8-9, Entlo 1542 Ferrol

 

Se tes unha pequena ou mediana empresa e queres descubrir como aplicar a intelixencia artificial de forma práctica no teu negocio, esta formación é para ti. Nesta sesión exploraremos como a IA pode axudarche a automatizar procesos, aforrar tempo, mellorar a atención ao cliente e tomar decisións máis intelixentes.

 

A actividade estará guiada por Gonzalo Jiménez, profesional cunha sólida traxectoria no ámbito da innovación e a transformación dixital. Cun perfil altamente especializado en IA aplicada ao mundo empresarial, Gonzalo achegará ferramentas reais, exemplos prácticos e unha visión clara para que poidas levar á túa empresa un paso máis alá.

 

Unha oportunidade única para comprender como a IA xa está ao teu alcance… e como podes sacarlle proveito dende hoxe mesmo! 


Programa

Presencial

Voltar