Fomento da contratación reservada na Xunta de Galicia en sectores específicos

Dende 26 de xuño, 2024 - Ata 26 de xuño, 2024

A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) e a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego (Cegasal) organizan a xornada formativa "Fomento da contratación reservada na Xunta de Galicia en sectores específicos" no marco da Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

Data: 26 de xuño.

Horario: de 9:30 h a 13:30 h.

Modalidade: presencial.

Lugar: Auditorio 2 do Edificio Cinc na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela).

 

Obxectivo: 

Potenciar a inclusión, a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento sostible mediante a execución de contratos reservados na administración autonómica que impulsen o emprego entre as persoas con discapacidade e aquelas en risco de exclusión.

 

Persoas destinatarias:

  • Persoal técnico de contratación e representantes políticos da administración autonómica.
  • Representantes de empresas e entidades de economía social.
  • Medios de comunicación.
  • Público en xeral.

 

Máis información: visita a web aeiga.org ou cegasal.com


Programa

Outra

Voltar