Ferramentas de márketing para negocios locais

Dende 21 de maio, 2025 - Ata 21 de maio, 2025

Obradoiro práctico de 3 horas para mellorar a visibilidade de negocios locais en Google, conectar coa clientela por WhatsApp Business e sacar partido ás redes sociais, usando ferramentas sinxelas e eficaces.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

📅 Mércores, 21 de maio  – 10:00-13:00 h

📍 Sede do Polo O Porriño (Rúa Ramiranes, 9) 

 

Tes un pequeno negocio e queres chegar a máis clientela da túa contorna? Este obradoiro está pensado para ti. Durante tres horas, explorarás ferramentas dixitais sinxelas e efectivas coas que poderás mellorar a túa presenza en internet e atraer máis clientela local. Traballaremos con aplicacións que xa coñeces ou que escoitaches falar, como Google Business Profile, WhatsApp Business e as redes sociais, pero darémoslle un enfoque práctico, adaptado á realidade do día a día dun pequeno negocio.

 

Nesta actividade aprenderás a:

- Optimizar a túa ficha de empresa en Google para aparecer nas buscas locais.

- Utilizar WhatsApp Business como ferramenta profesional de atención ao cliente.

- Aplicar boas prácticas no uso de redes sociais como Facebook e Instagram.

- Deseñar un plan de acción dixital para mellorar a visibilidade do teu negocio.

 

Programa:

10:00h – Recepción de asistentes e benvida
10:15h – Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Porriño
10:20h – Exposición teórica sobre:
- Ficha de empresa de Google
- WhatsApp Business
- Redes sociais
11:30h – Quenda de preguntas e resolución de dúbidas
12:00h – Traballo individual sobre o teu proxecto
13:00h – Peche da xornada

 

Non perdas esta oportunidade de dar un paso adiante no teu negocio. Inscríbete xa!


Presencial

Voltar