Feira virtual de emprego da USC

Dende 10 de maio, 2023 - Ata 11 de maio, 2023

A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego participa no stand virtual da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, resolvendo as dúbidas que as mozas e os mozos estudantes da USC poidan ter sobre o emprendemento. Ademáis, o xoves 11 de maio, de 10:30 a 11:30, levarase a cabo unha ponencia online sobre como o emprendemento pode ser unha alternativa de cara a comezar no mercado laboral.

Categorías: Outra

Modalidades: Online

A Feira Virtual de Emprego da USC desenvolverase do 10 ao 11 de maio coa vontade de que as persoas usuarias accedan a empresas con ofertas de traballo, charlas de interese en materia de empregabilidade e chats para aclarar dúbidas. Os e as interesadas xa poden rexistrarse na plataforma habilitada para acoller a Feira https://usc.easyvirtualfair.com/landing e deixar os seus datos xunto cun currículo en formato pdf. O evento diríxese tanto a estudantado da USC como a persoas xa tituladas pola institución compostelá.

A Feira abrirá o 10 de maio ás 08.00 horas e pechará un día despois, ás 20.00 horas. Ao longo das dúas xornadas as persoas rexistradas poderán presentar o seu currículo a ofertas de emprego, asistir ás charlas ofertadas na sección ‘Axenda de Conferencias’ con inscrición previa, chatear coas empresas e coas orientadoras da Área de Orientación Laboral e Emprego da USC, ou acceder a múltiple información das entidades participantes (vídeos, ligazóns ou redes sociais, entre outras).

A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego estará presente cunha charla divulgativa o xoves 11, de 10:30 a 11:30 para amosar os estudantes, cómo o emprendemento pode ser unha alternativa laboral para eles.

Atenderase ademais por chat as consultas e as dúbidas que os asistentes a feira poidan ter sobre o emprendemento en xeral e sobre o funcionamento da Rede de emprendemento e apoio ao emprego en particular.


Online

Voltar