Presentación do proxecto de emprendemento "Cociña de Ancares Terras de Burón"

Dende 17 de xaneiro, 2024 - Ata 17 de xaneiro, 2024

Evento no que presentaranse os traballos realizados na iniciativa "A Despensa de Ancares Terras de Burón" e os próximos pasos a emprender, integrando a Despensa no clube turístico "Cociña de Ancares Terras de Burón". Exposición de produtos do clube turístico para os establecementos turísticos interesados en ofrecelos na súa Despensa. Degustación de produtos da "Cociña de Ancares Terras de Burón".

Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada impulsa dende o mes de maio de 2023, xunto co GDR 3 Montes e Vales Orientais, a iniciativa “A Despensa de Ancares Terras de Burón”.

Neste evento presentaremos os traballos realizados ata o momento, o estado da iniciativa e os próximos pasos a emprender.

Ao mesmo tempo, celebraremos unha “feira” na que os produtores participantes no proxecto presentarán os seus produtos aos responsables dos establecementos, facilitando así o contacto para acadar acordos de colaboración entre eles.

A presentación irá acompañada por unha degustación dos produtos do clube turístico "Cociña de Ancares Terras de Burón".

PROGRAMA:

12.00h Recepción de participantes.

12.10h Benvida. Alcalde de Navia de Suarna, D. José Fernández Fernández, e Presidente GDR 3, D. Carlos López López.

12.20h Presentación dos traballos realizados no marco da iniciativa “A Despensa de Ancares Terras de Burón”, o estado actual do proxecto e os próximos pasos a emprender. GDR 3 (Fe Álvarez, xerente), Polo A Fonsagrada (Iván Sánchez, técnico). 

12.40h Emprendemento feminino no territorio. Dna. Sandra Vázquez, Secretaria Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

12.50h Presentación do proxecto “Amas da Terra” por parte da chef Lucía Freitas.

13.00h Peche da xornada. Dna. Margarita Ardao, Directora Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

13.10h Exposición e degustación de produtos de “Cociña de Ancares Terras de Burón”. Networking entre participantes.

Lugar de celebración: Casa do Chao.
Enderezo: Vilaverde nº3, Navia de Suarna (Lugo).


Presencial

Información adicional

ColaboradoresGDR 3 Montes e Vales Orientais

Voltar