Fai máis con menos: claves de produtividade para autónomos/as e empresarios/as 

Dende 29 de abril, 2025 - Ata 29 de abril, 2025

Formación de AJE Ferrolterra para aquelas persoas que queren optimizar o seu tempo e facer máis... con menos.

Categorías: Outra

 

 

📅 Martes 29 abril | 09:30 - 12:30 h

📍 Sede de COFER (Cantón de Molíns 8-9 Entresollado, Ferrol)

👩‍💻 Formadora: Margarita Carballo Corral

 

Esta acción formativa ten como obxectivo ofrecer ferramentas prácticas e estratexias eficaces para mellorar a produtividade das persoas autónomas e empresarias. A través dunha metodoloxía dinámica e aplicada, analizaranse os principais bloqueos que afectan á xestión do tempo e da carga de traballo no día a día profesional.

 

Durante a sesión abordaranse cuestións clave como:

 

  • A planificación efectiva e a organización diaria
  • A definición de prioridades e a eliminación de tarefas innecesarias
  • Técnicas para manter o foco e reducir a dispersión
  • A creación de hábitos que favorezan unha maior eficiencia sen aumentar a carga laboral

 

Trátase dunha formación orientada a obter resultados reais, pensada para aquelas persoas que queren optimizar o seu tempo e facer máis... con menos.

 

 


Outra

Voltar