Dende 18 de outubro, 2024 - Ata 18 de outubro, 2024
O Polo Monforte de Lemos organiza unha sesión formativa para entender a importancia da facturación electrónica e aproveitar os seus beneficios para impulsar o teu negocio dixital
Categorías: Formación
Modalidades: Online
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Monforte de Lemos organiza unha sesión para que as persoas empresarias da zona aprendan máis sobre a facturación electrónica.
Nesta actividade, as persoas participantes explorarán como a facturación electrónica non é só un requisito, senón unha oportunidade para transformar e potenciar o éxito do emprendemento nunha contorna cada vez máis competitiva.
O programa será o seguinte:
13:00-13:05 h. Benvida e introdución.
13:05-13:15 h. Importancia da facturación electrónica para persoas emprendedoras.
13:15-13:40 h. Implementación da facturación electrónica no teu negocio.
13:40-13:50 h. Casos prácticos e estratexias de éxito.
13:50-14:00 h Sesión de preguntas e respostas.
14:00 h. Conclusións finais: resumo dos puntos clave e despedida.
A sesión terá lugar en liña a través da plataforma Teams o venres 18 de outubro.
Inscríbete e aprende máis sobre un tema tan necesario para todas as persoas que teñen un negocio!