Dende 30 de abril, 2024 - Ata 30 de abril, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada organiza un obradoiro para traballar actuacións e recursos clave coa finalidade de facer rendibles as pequenas producións agroalimentarias do territorio
Categorías: Potenciando o emprendemento cos recursos locais
Modalidades: Presencial
O obxectivo deste evento é traballar coas persoas da contorna que contan con pequenas producións para que coñezan máis sobre a xestión da súa actividade e como aumentar a súa rendabilidade.
O obradoiro está destinado a persoas que atopan freos ou barreiras nos custos (tanto económicos como burocráticos) para emprender no sector agroalimentario. Traballarase nas actuacións clave e os recursos existentes que farán rendibles estas pequenas producións e á súa vez impulsarán a creación da actividade económica no territorio.
O programa será o seguinte:
16:00-16:15 h. Presentación do evento.
16:15-17:15 h. Presentación da situación de partida, os obxectivos, as necesidades e as oportunidades.
17:15-18:15 h. Presentación dun caso de éxito.
18:15-19:00 h. Rolda de preguntas, presentación de conclusións e pasos a dar.
19:00-19:30 h. Actividade de coñecemento.
19:30 h. Peche da xornada.
O obradoiro terá lugar o 30 de abril, no Polo de Emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada. Avda. Galicia nº 28 – 27100 A Fonsagrada.
Se tes interese en poñer en valor os teus produtos e facer rendible a túa produción, non o penses máis e participa!