Facer rede: Construción de alianzas e contactos entre persoas emprendedoras

Dende 19 de setembro, 2024 - Ata 19 de setembro, 2024

Os Polos de O Carballiño, Silleda e Baños de Molgas organizan unha actividade para facilitar a creación de conexións xenuínas e significativas entre as persoas emprendedoras

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

 

Os Polos de emprendemento e apoio ao emprego de O Carballiño, Silleda e Baños de Molgas unen forzas para presentar unha actividade que ten como obxectivo facilitar a xeración de oportunidades de crecemento, aprendizaxe e apoio grupais e individuais para persoas emprendedoras. 

 

A actividade constará de tres partes. Na primeira, terá lugar a dinámica rompexeo e as persoas participantes falarán entre si para coñecerse. A segunda parte será unha dinámica baseada na metodoloxía Scenes by SAP na que cada participante traballará de forma individual. Por último haberá un momento de networking.

 

Esta sesión contará coa facilitación de Pablo Osorio, mentor en emprendemento. 

 

O programa será o seguinte: 

 

11.30-11.35 h. Recepción de asistentes. 

11:35-11:40 h. Presentación do programa Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia. 

11:40-11:45 h. Presentación da 8º Edición de Vía Galicia, aceleradora de carácter xeralista, para dar impulso a proxectos innovadores e invertibles, por parte do técnico de emprendemento, Manuel Alcoa.

11:45-11:50 h. Presentación da actividade desenvolta no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), por parte do seu director xeral, Javier Taibo.

11:50-12:00 h. Dinámica de presentación de asistentes. 

12:00-12:30 h. Dinámica de coñecemento dos proxectos e das súas necesidades a través da metodoloxía Scenes by SAP. 

12:30–13:30 h. Actividade de networking informal para que as persoas participantes localicen a posibles provedores, presciptores ou socios. 

13:30 h. Peche da actividade con Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais.

 

O encontro terá lugar o xoves 19 de setembro no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en San Cibrao das Viñas (Ourense). 

 

Non perdas esta oportunidade única, apúntate! 


Presencial

Voltar