Estratexias de marketing

Dende 30 de outubro, 2023 - Ata 30 de outubro, 2023

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol organiza unha xornada formativa de marketing dixital dirixida ás persoas emprendedoras da Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Categorías: Conectando o polo co sector...

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Friol organiza un programa formativo de marketing dirixido ás persoas emprendedoras da Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego.

A formación é presencial, en horario de 9.30 a 13.30 h. e nas instalacións do Polo de emprendemento de Friol (Rúa Deputación nº18 - 27220 Friol), e componse de oito sesións dirixidas por docentes especializados:

  1. Redefinindo o meu modelo de negocio (23 outubro).
  2. Coñecendo ao meu cliente dixital (25 outubro).
  3. Estratexias de marketing (30 outubro).
  4. Deseñando a experiencia de cliente dixital (omnicanle) (6 novembro).
  5. Estratexia dixital e posicionamento online (13 novembro).
  6. Marca emprendedora (15 novembro).
  7. Xestión de redes sociais (20 novembro).
  8. Comercio on-line (22 novembro).

O obxectivo da formación é facilitar ás persoas emprendedoras coñecementos e habilidades para xestionar a presenza dos seus proxectos en internet e as canles de comunicación coa súa clientela.

Esta xornada é a terceira do programa e leva por título “Estratexias de marketing”, ferramenta fundamental para acadar éxito comercial. Será impartida por Pablo López.

O evento está aberto a todas as persoas emprendedoras que participan na Rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, previa inscrición.


Presencial

Voltar