Estratexia Dixital: Análise de Métricas e Optimización para Redes Sociais

Dende 09 de xuño, 2025 - Ata 09 de xuño, 2025

Obradoiro deseñado para capacitar ás persoas emprendedoras de Sarria e comarca na análise e interpretación das métricas das redes sociais, co obxectivo de optimizar a súa estratexia dixital

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

 

🗓️ Luns, 9 de xuño | 20:30 - 22:30 h
📍 Sede do Polo Sarria (Rúa Diego Pazos nº 20, Sarria – Lugo)

 

As redes sociais son hoxe a ferramenta clave para dar visibilidade a moitos proxectos locais. Pero... que pasa cando xa estás presente nas redes e segues sen saber se o que fas está funcionando?

 

Neste obradoiro práctico, aprenderás a analizar as métricas das túas redes sociais, interpretar os resultados e aplicar melloras que che axuden a conectar coa túa audiencia e cumprir os teus obxectivos. Traballaremos con casos reais e empregaranse ferramentas útiles para planificar contidos e facer un seguimento eficaz da túa estratexia dixital.

 

Programa:

20:30 h | Benvida e presentación da actividade
20:35 h | Presentación das persoas participantes e recollida de necesidades
20:45 h | Que métricas observar? Como interpretalas?
21:15 h | Optimización de contidos e boas prácticas
21:30 h | Obradoiro práctico: deseño de contidos e análise de métricas
22:05 h | Preguntas, consellos finais e recursos
22:15 h | Café networking
22:30 h | Peche da actividade

 

Se es unha persoa emprendedora ou levas unha pequena empresa en Sarria ou arredores, esta sesión está pensada para ti. Inscríbete xa e transforma os datos en accións que realmente funcionen!

 


Presencial

Voltar