Escaparatismo e visual merchandising. Deseña a túa Despensa.

Dende 06 de febreiro, 2024 - Ata 06 de febreiro, 2024

O polo de A Fonsagrada, organiza unha xornada formativa para apoiar ás persoas emprendedoras no deseño do espacio físico “A Despensa de Ancares Terras de Burón” nos seus establecementos.

Categorías: Formación

Modalidades: Presencial

Como parte dos traballos para o impulso da iniciativa "A Despensa de Ancares Terras de Burón", o Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada organiza un ciclo de actividades formativas dirixidas ás persoas emprendedoras que participan no proxecto, xa sexan produtores ou responsables de establecementos turísticos, co obxectivo de mellorar as súas habilidades comerciais.

Esta terceira xornada adícase ao deseño do espazo físico "A Despensa de Ancares Terras de Burón" nos seus establecementos, de acordo aos criterios comúns establecidos no proxecto. Terá unha duración de tres horas.

 

 

As tres accións que comprende este ciclo formativo son:

  1. Crea o teu storytelling.
  2. Aprende a presentar os teus produtos online.
  3. Escaparatismo e visual merchandising. Deseña a túa Despensa.

Lugar de celebración: Casa do Concello de Baleira.
Horario: de 16.30 a 19.30 h.


Presencial

Información adicional

ColaboradoresGDR 3 Montes e Vales Orientais

Voltar