Encontros da pequena empresa

Dende 20 de abril, 2023 - Ata 20 de abril, 2023

Xornada informativa sobre as axudas ao emprego e ao emprendemento da Xunta de Galicia.

Categorías: Outra

Modalidades: Presencial

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Rías Altas e Arco Ártabro organiza o xoves 20 de abril na cidade de Narón unha xornada informativa para persoas emprendedoras, empresarios/as e persoas interesadas, co obxectivo de presentar as axudas ao emprego e ao emprendemento da Consellería de Promoción do emprego e Igualdade. Nesta xornada os asistentes poderán coñecer tamén o servizo que ofrece a Rede de Polos, e en concreto, desde xaneiro, a do Polo Rías Altas e Arco Ártabro con sede en Ferrol.

O encontro celebrarase no Hotel Husa Odeón de Narón de 19.00 a 21:00 horas e a asistencia deberá formalizarse no formulario de inscrición seguinte.

Programa

19:00 h. Benvida e presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Rías Altas e Arco Ártabro.

19.20 h. Xornada informativa sobre as axudas ao emprego e emprendemento da Xunta de Galicia.

19.40 h. Experiencias no emprendemento con María Deus de Slow Basic, deseño e fabricación de moda sostible de modo artesanal con materiais naturais.

20.15 h. Cóctel Networking.

21:00 h. Clausura.

 

Presencial

Voltar