Encontro Sectorial de Asesorías e Consultoras

Dende 24 de maio, 2024 - Ata 24 de maio, 2024

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza o "Encontro sectorial Asesoría e Consultoras" no marco da Rede Eusumo

Categorías: Outra

 

Data: 24 de maio.

Horario: de 09:30 h a 12:00 h.

Modalidade: en liña.

Plataforma: Zoom.

 

Obxectivos: 

  • Promoción de encontros de intercooperación entre cooperativas para o fortalecemento sectorial.
  • Favorecer o coñecemento mutuo entre as entidades participantes, tanto a nivel sectorial como intersectorial.
  • Posibilitar a transferencia de temáticas, experiencias, metodoloxías, ou solucións para a posta en marcha de estratexias de cooperación.
  • Contribuír á mellora da xestión empresarial e societaria e á consolidación das entidades participantes.
  • Divulgar ferramentas e boas prácticas de intercooperación que favorezan o emprendemento e consolidación de proxectos e/ou procesos neste eido.
  • Estimular e acompañar ao emprendemento e consolidación de proxectos e/ou procesos de intercooperación.

 

Persoas e entidades destinatarias:

  • Persoas socias das cooperativas activas, principalmente aquelas que conforman a sectorial de Asesorías e Consultoras de EspazoCoop.

 

Máis información: visita a web espazo.coop


Programa

Outra

Voltar