Xornada de celebración do Día Mundial do Emprendemento

Dende 16 de abril, 2025 - Ata 16 de abril, 2025

A actividade virará ao redor dunha mesa de diálogo con persoas emprendedoras na que se compartirán experiencias, aprendizaxes clave e reflexións sobre os retos e oportunidades de emprender no contexto actual.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

📅 Mércores, 16 de abril | 10:30-11:30 h

📍 Sede do Polo de Melide (C/ Convento nº 1, Melide) 

 

Con motivo da celebración do Día Mundial do Emprendemento, o Polo de Melide organiza esta sesión que busca visibilizar e poñer en valor o papel do ecosistema emprendedor acercándonos a proxectos reais.  

 

O eixo central da actividade será unha mesa de diálogo con emprendedores e emprendedoras, que compartirán as súas experiencias, aprendizaxes e visións sobre os desafíos e posibilidades que ofrece o actual panorama emprendedor. 

 

Programa:

10:30 h Recepción de asistentes 

10.35 h Presentación do Polo  

  • José Vaamonde. Asesor empredemento Polo Melide 

  • Rosa Corral. Asesora emprendemento Polo Melide

10:40 h Mesa de emprendedores “conversas con coraxe”.  

Participantes:  

  • Pablo Fernández, Secretario Xeral de Emprego e Relacións Laborais  

  • Marta Mariño, Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social 

  • Patricia Vilar. Alvo 3D Studio. Deseño e impresión 3D, formación, calibración de equipos e deseños para terceiros. 

  • Carlos Armesto.  Smart Album. Solución tecnolóxica: sistema físico NFC, con apariencia dun CD de audio clásico miniaturizado. Reproduce a escala unha carcasa de CD clásico permitindo acceso a contidos dixitais. 

  • Unai Martínez e Hugo Quintela Exylon. Solucións tecnolóxicas para hostalaría utilizando a intelixencia artificial para facilitar a xestión empresarial. 

  • Enrique Blanco. Ojoalvatio. Asesoría Enerxética para minimizar os custes na conta empresarial, optimizando os recursos mediante a aplicación dunha plataforma que permite o coñecemento do provedor máis axeitado. 

11:15 h Espazo Networking. Petiscos.

11:30 h Peche da xornada

 

Unha xornada para inspirar, conectar e seguir impulsando o talento emprendedor que constrúe o futuro de Galicia.

 


Presencial

Voltar