Encontro de sinerxias empresariais III

Dende 18 de xuño, 2025 - Ata 18 de xuño, 2025

O Polo de emprendemento de Mondoñedo ofrece con esta actividade un espazo para compartir, aprender e crear alianzas reais entre persoas emprendedoras que apostan por medrar xuntas dende o Polo de Mondoñedo.

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

🗓️ Mércores, 18 de xuño | 10:30 - 13:30
📍 Sala Multiusos, Rúa Júlia Pardo Montenegro 13, baixo dereita, Mondoñedo

A comunidade é un factor máis no crecemento do teu proxecto, e neste encontro poñémoste en contacto con outros emprendedores para conectar, compartir retos e atopar inspiración. Esta é a terceira edición deste encontro, no que seguiremos creando sinerxias e formando unha rede sólida e colaborativa entre contactos locais. 

Nesta ocasión, o Polo de emprendemento Mondoñedo propón un formato tipo mastermind. En grupos, poñeranse en común experiencias e recursos para aprender de cada un dos proxectos e levarse novas ideas que poñer en práctica. 

Forma parte dunha rede dinámica e con visión transformadora, na que atoparás xente coma ti, con proxectos profesionais cos que colaborar e apoiarse mutuamente. 

 


Programa:

10:30 h - Recepción de asistentes e presentación do encontro
11:00 h - Dinámica inicial de conexión: presentación cruzada
11:20 h - Espazo mastermind en grupos: compartindo retos e recursos
12:00 h - Posta en común de aprendizaxes e propostas de colaboración
12:30 h - Peche do encontro e petiscos networking

Inscríbete e crea novos contactos que che acompañen na traxectoria do teu proxecto!
    


Presencial

Voltar