Encontro de sinerxías empresariais

Dende 20 de maio, 2024 - Ata 20 de maio, 2024

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Mondoñedo organiza unha actividade de networking para facilitar a interacción e a conexión entre as persoas participantes

Categorías: Networking da Rede de Polos

Modalidades: Presencial

 

A través desta actividade preténdese estimular a creatividade e facilitar o intercambio de ideas, fomentando así a creación de oportunidades de emprendemento. As persoas asistentes darán a coñecer os seus negocios e ideas, ademais de crear sinerxías establecendo relacións con outras persoas emprendedoras.  

 

Constará de dúas partes: 

  • Presentacións breves: compartiranse historias de éxito, desafíos superados e leccións aprendidas.  

  • Diálogo e intercambio de opinións e propostas para chegar a unha posta en común.   

 

O programa será o seguinte:  

16:30-16:40 h. Recepción das persoas asistentes e benvida.  

16:40-16:50 h. Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego Mondoñedo por parte de Francisco Lago, coordinador de polos da Fundación Venancio Salcines e técnico de dito polo. 

16:50-17:00 h. Intervención de Raquel Braña, técnica do Polo e apoio ao emprego Mondoñedo. 

17:00-17:45 h. Comezo do obradoiro cun breve picth de cada un dos proxectos.  

17:45-18:00 h. Rolda de preguntas.  

18:00-18:30 h. Respostas en común en diálogo aberto.  

18:30 h. Peche da xornada.  

 

A actividade terá lugar o 20 de maio, na Sala Multiusos do Polo Mondoñedo, Rúa Julia Pardo Montenegro, nº 13. 

 

Participa nesta actividade de networking e aproveita a oportunidade para coñecer a novas persoas emprendedoras e os seus proxectos! 


Presencial

Voltar