Encontros da pequena empresa- A Coruña

Dende 19 de maio, 2023 - Ata 19 de maio, 2023

Xornada informativa sobre as axudas ao emprego e ao emprendemento da Xunta de Galicia.

Categorías: Outra

Modalidades: Presencial

A Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego organiza en A Coruña unha xornada informativa para persoas emprendedoras, empresarios/as e persoas interesadas no emprendemento, co obxectivo de presentar as axudas ao emprego e ao emprendemento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Nesta xornada presentarase tamén a rede de Polos e os participantes coñecerán de primeira man a experiencia dunha emprendedora.

O encontro celebrarase na  DELEGACIÓN TERRITORIAL DE A CORUÑA, XUNTA DE GALICIA,
Praza Luis Seoane, s/n o día 19 de maio ás 10 h e a asistencia deberá formalizarse obrigatoriamente no formulario de inscrición.

 

Programa

10h. Benvida e inauguración da xornada a cargo de D. Gonzalo Trenor López, Delegado territorial da Xunta de Galicia en A Coruña.

10.10h. Presentación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta de Galicia.

10.30h. “Experiencias no emprendemento con Marta Capelán” especialista en cancro de mama e experta en oncoloxía integrativa. Método ADN- RESET.

10.50h. . Xornada informativa sobre as axudas ao emprego e ao emprendemento da Xunta de Galicia.

11.15h. Coffee Break Networking.

12h. Clausura.


Presencial

Voltar