Dende 28 de febreiro, 2025 - Ata 28 de febreiro, 2025
O Polo Silleda organiza unha actividade para que as persoas emprendedoras compartan as súas historias e aprendan as unhas das outras
Categorías: Os venres dos polos
Modalidades: Presencial
📅 Venres, 28 de febreiro | 11:00 - 13:00 h
📍 Sala Mome (Avenida Benito Vigo, nº 92, A Estrada)
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda busca conectar persoas emprendedoras que superaron obstáculos persoais e aprender da súa experiencia. O obxectivo é inspirar a outras persoas, fomentar a resiliencia e demostrar que os desafíos iniciais poden ser motores de cambio.
Esta actividade capacitarate para:
✔️ Coñecer historias inspiradoras de emprendemento.
✔️ Aprender a manexar adversidades e desenvolver resiliencia.
✔️ Construír unha forma de vida autónoma e con propósito.
✔️ Redefinir o éxito máis aló dos resultados económicos.
O programa é o seguinte:
11:00 - 11:10 h Recepción e benvida.
11:10 - 11:15 h Presentación da actividade e metodoloxía de traballo.
11:15 - 12:00 h Historias inspiradoras de emprendedores que superaron dificultades (Toxogel e Xogo de Fíos).
12:00 - 12:30 h Dinámica: “De retos a solucións”.
12:30 - 12:50 h Café e networking.
12:50 - 13:00 h Peche e reflexión final.
Se queres conectar con outras persoas emprendedoras, non podes perder esta actividade. Únete!