Emprender en tecnoloxía dende Ferrol: o caso 2ksystems 

Dende 06 de xuño, 2025 - Ata 06 de xuño, 2025

AJE Ferrolterra organiza unha nova xornada dentro do seu ciclo de foros pensados para dar voz a casos reais de emprendemento na nosa comarca.

Categorías: Outra

 

📅 Venres, 6 de xuño | 09:30h - 12:00h

📍 Sala Curuxeiras Porto de Curuxeiras, 15401 Ferrol, A Coruña


Nesta ocasión contaremos coa participación de Pablo Rivera, fundador de 2ksystems, e e Ismael Rivera, director técnico. A empresa está especializada en asesoramento e mantemento tecnolóxico para empresas. A través da súa experiencia, ambos compartirán como foi o proceso de crear unha compañía tecnolóxica en Galicia, os desafíos atopados, as decisións clave e o camiño para converterse nun referente en solucións TIC para o tecido empresarial galego.

 

Ao rematar a charla, celebrarase un almorzo-networking, aberto a todos os asistentes, co obxectivo de favorecer o contacto directo, o intercambio de ideas e a creación de novas conexións no ecosistema empresarial de Ferrolterra.

 

 


Outra

Voltar