Dende 21 de maio, 2025 - Ata 21 de maio, 2025
Un espazo de encontro promovido desde o Polo Mondoñedo para abordar os retos emocionais do emprendemento, como a síndrome do impostor ou a parálise pola análise. A través de dinámicas participativas, fortaleceremos a autoconfianza e a seguridade nas decisións.
Categorías: Networking da Rede de Polos
Modalidades: Presencial
📅 Mércores, 21 de maio | 10:30-12:30 h
📍 Sala Multiusos Polo Mondoñedo
O Polo Mondoñedo organiza esta xornada como un espazo de reflexión e inspiración no que abordaremos algúns dos retos emocionais máis frecuentes no camiño emprendedor, como a síndrome do impostor ou a parálise pola análise. A través de actividades dinámicas e a conexión entre iguais, traballaremos ferramentas prácticas para reforzar a confianza persoal e avanzar con máis seguridade na toma de decisións.
A sesión será conducida por Paula Núñez, coach e membro da Asociación de Empresarias de Lugo (AELU), quen compartirá a súa experiencia desde unha perspectiva próxima, motivadora e adaptada á realidade do emprendemento.
Nesta actividade traballarás:
A identificación e xestión da síndrome do impostor.
Estratexias para superar a parálise pola análise.
Ferramentas prácticas para reforzar a autoconfianza.
Recursos para tomar decisións con maior seguridade.
O valor do acompañamento entre iguais e a conexión con outras persoas emprendedoras.
Programa:
10:30h – Recepción de asistentes e benvida
11:00h – Presentación da sesión e introdución aos retos emocionais do emprendemento
11:20h – Dinámica participativa: recoñecendo a síndrome do impostor e a parálise pola análise
12:00h – Ferramentas prácticas para reforzar a confianza e tomar decisións
12:30h – Petiscos e networking
Achégate a inspirarte, compartir e medrar con outras persoas que tamén están a emprender. Inscríbete xa!
ColaboradoresAELU