Dende 15 de decembro, 2023 - Ata 15 de decembro, 2023
O Polo de Mondoñedo organiza unha charla- coloquio na que duas mulleres galegas expoñen os seus proxectos emprendedores consolidados no rural
Categorías: Os venres dos polos
Modalidades: Presencial
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo presenta esta xornada para visibilizar a iniciativa emprendedora feminina, de mulleres que viven na costa de Lugo.
Estas mulleres emprenderon aproveitando o patrimonio familiar, para ofrecer unha alternativa de hospedaxe no rural diferencial que transmita cultura e valores, e tamén aprenderon da xente da zona a forma tradicional de elaboración de produtos do mar para a comercialización de conservas.
Son exemplos da posta en valor das tradicións e o que se facía para autoconsumo nos fogares, convertindo estas actividades nunha alternativa de traballo incorporando a innovación.
PROGRAMA:
Exposición dos dous casos de éxito das mulleres emprendedoras na costa lucense
Temáticas para a conversa:
Petiscos e networking