Emprendemento para o aproveitamento e conservación do medio natural

Dende 25 de xuño, 2024 - Ata 25 de xuño, 2024

Actividade de visibilización de posibilidades de emprendemento eficiente de aproveitamento do monte e fincas da nosa contorna, fomentando a necesidade de formación nestas áreas

Categorías: Foro/Encontro aberto

Modalidades: Presencial

 

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Mondoñedo e a CFEA Pedro Murias organizan esta actividade de visibilización de posibilidades de emprendemento eficiente do monte e fincas da nosa contorna, fomentando a necesidade de formación.

 

A actividade constará de dúas partes: 

  • Presentacións técnicas e de proxectos xa en marcha: achega formativa de aproveitamento e conservación do medio natural e produción agroecolóxica. Participación de persoas emprendedoras que compartirán o seu proxecto: Suso López Penabad (un dos fundadores de Shiifos Micología, empresa dedicada á plantación natural e comercialización de fungos shitake, maitake e reishi) e Pako López (emprendedor do polo e fundador de Mel do Capón, explotación apícola que moderniza as técnicas de produción e aposta pola cría de especies autóctonas).  

 

  • Foro aberto de cuestións relativas ás propostas: interacción entre os poñentes e o público sobre os temas tratados.

 

O encontro terá lugar o 25 de xuño no Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias en Ribadeo. 

 

Agardámoste! 

 


Presencial

Voltar