Emprende en Laranxa: Industrias Creativas e Economía Social

Dende 04 de novembro, 2024 - Ata 04 de novembro, 2024

A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia forma parte do proxecto de cooperación interrexional “ES-FACTORY”, que ten como obxectivo o impulso e consolidación de emprego de calidade en novas actividades emerxentes do territorio transfronteirizo que se vaian a desenvolver a través da economía social

Categorías: Outra

 

 

Como parte dese proxecto, o programa Emprende en Laranxa busca detectar novas oportunidades e liñas de negocio da Economía Laranxa de Galicia e o Norte de Portugal a través de persoas e entidades que aporten ideas para abordar as necesidades e retos vencellados neste ámbito en relación coa Economía Social.

 

Emprende en Laranxa está dirixido a toda persoa interesada en participar aportando ideas e/ou colaborando na co-creación das mesmas tales como entidades de economía social, asociacións empresariais e agrupacións industriais, centros tecnolóxicos e universidades, estudantado, persoas emprendedoras…

 

Pódense presentar ideas que relacionen a Economía Social coa economía laranxa que comprende o conxunto de actividades económicas que xiran arredor da cultura, a creatividade, a arte e a propiedade intelectual. Por exemplo, o cine, a música, o deseño, a literatura, a moda, a arquitectura, a publicidade, os videoxogos, as artes visuais e plásticas, a gastronomía, o turismo cultural e/ou creativo, entre outras.

 

evento participativo celebrarase o 4 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. Nel escolleranse as ideas con máis interese por parte das persoas asistentes e crearanse grupos de traballo que serán facilitados por persoas expertas en dinamización de grupos e emprendemento social para pasar da idea á oportunidade de negocio. Aprenderase a mapear as necesidades e darlles respostas nun contexto de innovación social, tendo en conta as principais dificultades e tamén os resultados esperados.

 

As persoas interesadas en participar poden facelo da seguinte maneira:

 

 

O prazo para inscribirse remata o 30 de outubro de 2024.


Programa

Outra

Voltar