Dende 18 de decembro, 2024 - Ata 18 de decembro, 2024
A Universidade de Santiago lanza o Concurso de oportunidades de negocio “Emprende Circular Azul e Verde” coa finalidade de identificar ideas e proxectos que impulsen a circularidade na economía azul e verde
Categorías: Outra
A finalidade desta convocatoria é identificar 16 oportunidades de negocio que destaquen polo seu enfoque circular nas economías azul e verde, de entre as cales serán premiadas as 8 mellores coa posibilidade, entre outros galardóns de poder desenvolver un vídeo profesional que permita a divulgación das súas iniciativas.
Todos os galardóns, así coma as condicións e forma de participación nesta convocatoria, atópanse nas bases de participación: https://bit.ly/basesconvocatoriausc.
Emprende Circular Azul e Verde está dirixido a calquera persoa ou entidade que queira presentar unha idea ou proxecto que incentive a circularidade da economía verde e azul. En concreto, empresas con novas liñas de negocio innovadoras, stratups, persoas autónomas, estudantes, mozos e mozas,... As inscricións pódense realizar de forma individual ou en grupo ata o 18 de decembro a través do formulario habilitado: https://bit.ly/circularazulverde.
As persoas participantes deberan presentar a súa candidatura tendo en conta as categorías previstas nas bases, coma, por exemplo; na reutilización de recursos do mar e a xestión forestal, agraria e agrícola, nas enerxías renovables (biomasa procedente de actividades mariñas, agrarias e a silvicultura e biocarburantes de materias biolóxicas mariñas, vexetais ou animais, etc.), bioconstrución, no turismo mariñeiro e costeiro ou de espazos naturais e forestais e na formación e servizos para a circularidade da economía azul e verde e tamén poderán presentar a súa candidatura as categorías transversais; emprendemento feminino, social ou en plataformas dixitais.
Así mesmo, no caso de que as persoas participantes precisasen apoio poden contactar coa organización no correo usc@es-factory.eu.
Esperamos as vosas ideas e proxectos para facer da economía azul e verde unhas economías mais circulares e sostibles!.