Dende 05 de decembro, 2024 - Ata 05 de decembro, 2024
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Silleda busca reunir a profesionais do sector coidados para intercambiar ideas e formar sinerxías
Categorías: Conectando o polo co sector...
Nesta xornada que organiza o Polo Silleda ábrese un espazo de encontro e diálogo entre profesionais do sector para intercambiar aprendizaxes e achegar recursos.
O evento ten como obxectivos revalorizar o sector dos coidados como unha saída profesional vocacional e digna, capacitar ás persoas emprendedoras interesadas en emprender neste sector e compartir boas prácticas e iniciativas innovadoras.
O programa será o seguinte:
11:00 - 11:05 h. Recepción das persoas participantes
11:05 - 11:15 h. Benvida institucional e presentación da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego
11:15 - 11:30 h. Relatorio inicial: Galicia como modelo de envellecemento saudable. Asociación Ourensividade.
11:30 - 12:00 h. Bloque 1: Recursos e innovación para emprender neste sector
12:00 - 12:30 h. Coffe Break
12:30 - 13:15 h. Bloque 2: Compartindo aprendizaxes entre experiencias emprendedoras exitosas
13:15 h. Conclusións e peche
Achégate á Casa da Cultura Roberto Blanco Torres (Rúa Xoán Xesús González nº 10, Cuntis, Pontevedra) o xoves, 5 de decembro.
Non perdas este evento!